Monday 29 de April de 2024

O Concello de Lousame convoca os Cursos de Natación, que terán lugar a partir do 11 de xullo


A piscina municipal abrirá as súas portas a partir do mércores 6 de xullo

O Concello de Lousame abre o prazo de inscrición nos seus Cursos de Natación 2016, dirixido a nenos e nenas maiores de 4 anos, e que terán lugar a partir do 11 de xullo na piscina municipal de Lousame (A Silva). Unha piscina que abrirá as súas portas para a temporada de verán este mércores 6 de xullo, permanecendo aberta de luns a domingo en horario de 15.00 a 21:00 horas.

Na Casa da Cultura (981 825 780) xa se poden xestionar tanto a inscrición nos cursos de natación como os distintos bonos de acceso á piscina municipal. Os cursos de natación terán lugar en horario de mañá e por grupos de idade: de 4 a 6 anos (12 prazas, de 12:30 a 13:30 horas), de 7 a 10 anos (20 prazas, de 11:30 a 12:30 horas) e maiores de 11 anos (14 prazas, de 10:30 a 11:30 horas). O prezo é de 6 euros, que se reduce nun 50% no caso das familias que teñan o bono de tempada de piscina.

Con respecto aos bonos da piscina, o Concello de Lousame mantén os mesmos prezos con respecto ao ano pasado, de xeito que os veciños e veciñas poderán optar entre:

– Bono individual: 12 euros.

– Baño libre por día: 1,2 euros.